• 988 26 00 00
  • Estrada de Celanova, 3, 32830 A Merca , Ourense.

IV Roteiro Fotográfico

IV Roteiro Fotográfico

Un ano máis vai ter lugar o 4º Roteiro Fotográfico do Concello da Merca, cuxas bases se poden consultar a continuación ou premendo no cartel que se mostra máis abaixo:

BASES DO IV ROTEIRO FOTOGRÁFICO

1.- PERSOAS PARTICIPANTES

Poderán participar todas as persoas que o desexen sempre que sexan maiores de idade, ou de ser menores de idade, acheguen unha autorización asinada polos seus pais/nais ou titores/as.

Non poderán participar as persoas membros da Corporación nin os/as empregados/as municipais.

2.- TEMÁTICA

As imaxes presentadas deben de ter por temática calquera aspecto relacionado co Concello da Merca (costumes, paisaxe, patrimonio, tradicións, oficios, festas …). e deben ser inéditas. Deberase identificar claramente algún elemento que permita recoñecer o Concello da Merca na fotografía.

Todas as fotos deben de acompañarse dunha breve explicación da súa localización e do que representan.

3.- PRAZO DE ENTREGA

As imaxes poderán presentarse do 15 de xuño ata o 30 de setembro de 2024.

A entrega das fotografías pode facerse tanto en papel como en formato dixital e cun límite máximo de 3 fotografías.

Cando faga a súa entrega deberá indicar os seus datos persoais (nome, apelidos, DNI, enderezo e, no seu caso, autorización dos pais/nais ou titores/as ou persoas fotografadas) e da forma de contacto (teléfono e enderezo electrónico).

As fotografías poden entregarse:

–       No rexistro xeral do Concello da Merca nun sobre pechado indicando “ IV Concurso fotográfico Concello da Merca 2024 ”

–    Enviando un correo electrónico ao enderezo concello@amerca.gal

4.- SELECCIÓN DAS OBRAS

Un xurado nomeado pola Alcaldía seleccionará as 10 fotografías finalistas que se expoñerán na casa de cultura do concello da Merca, coincidindo cos actos e exposicións do ilustre fotógrafo recoñecido internacionalmente Manuel Outumuro. O xurado será o encargado de decidir cantas delas serán as imaxes do almanaque 2025 do Concello da Merca.

O xurado poderá declarar deserto algún dos premios.

Ningunha persoa participante poderá ser premiada por máis dunha fotografía que presente ao concurso.

5.- PREMIOS

– 1º Premio: Fin de Semana en Balneario para dúas persoas

– 2º Premio: Día Gastronómico / Balneario para dúas persoas

– 3º Premio: Cesta de produtos autóctonos con denominación de orixe

6.- OBXECTIVO E PUBLICACIÓN DAS FOTOGRAFÍAS

O obxectivo é elixir a/as imaxe/s para o almanaque 2025 do Concello da Merca e para a promoción do acto e exposición fotográfico que se levará a cabo este ano. Ademais todas as fotografías que se presenten ao concurso poderán ser empregadas para outras exposicións culturais que organice o Concello da Merca.

7.- DEREITOS SOBRE AS FOTOGRAFÍAS

A participación no concurso leva á cesión en exclusiva dos dereitos de explotación necesarios por aplicación da Lei de Propiedade Intelectual, a favor da organización, por parte das persoas concursantes.

Para presentar unha imaxe que conteña a imaxe dunha persoa, a persoa fotografada debera haber outorgado seu consentimento expreso e inequívoco para tal finalidade ao fotografo, consentimento que debera achegar xunto coa fotografía.

A participación neste concurso implica a total aceptación destas bases. As persoas participantes serán plenamente responsables de que non existan dereitos de terceiros das obras presentadas, así como de toda reclamación sobre posibles dereitos de imaxe.

Leave a Reply

*

Calendar

<< Nov 2024 >>
LMMXVSD
28 29 30 31 1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30 1