Bolsa de emprego – Operario de limpeza
Visto que na actualidade o concello non conta con Bolsas de Emprego para a realización de contratacións que permita cubrir de forma temporal, mediante contrato laboral, as necesidades municipais que poidan presentarse, por motivo de vacantes, substitucións transitorias de baixas, licenzas regulamentarias, execución de programas de carácter temporal, exceso ou acumulación de tarefas por prazo máximo de nove meses etc., que se poidan dar nos distintos servizos municipais.
Coa creación desta Bolsa de Emprego, o Concello da Merca pretende axilizar a selección de persoal dando cobertura ás necesidades de ocupación de carácter temporal no posto de traballo de OPERARIO DE LIMPEZA. Todo elo rexido polos principios constitucionais de mérito e capacidade, que encontran a súa plasmación lexislativa xunto aos de publicidade, transparencia e imparcialidade no artigo 55 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público.
Tanto o anuncio como as bases de selección para inscrición na bolsa de emprego para peón de obra, están publicados no Taboleiro de anuncios así como no Portal da Transparencia do Concello, no seguinte enlace:
https://amerca.sedelectronica.gal/transparency no apartado 1.INSTITUCIONAL/1.7.PERSOAL/1.7.4. BOLSAS EMPREGO/ BOLSA DE EMPREGO LABORAL TEMPORAL – OPERARIO DE LIMPEZA 2024- 2027
Pode acceder ao trámite de solicitude de inscrición á bolsa de emprego para peón de obra, a través da sede electrónica https://amerca.sedelectronica.gal/, no apartado de <<Trámites destacados>> no procedemento de <<Seleccións de Persoal e Provisións de Postos >>.
- Anuncio publicado no BOP núm. 74 de Ourense en data 16/04/2024.
- Bases de selección para inscrición na bolsa de emprego de operario de limpeza.
- Corrección de erros do anuncio publicado no BOP núm. 74 en data 16/04/2024. (BOP núm. 76 de data 18/04/2024).
- Resolución de Alcaldía de aprobación da lista provisional de admitidos para a selección de aspirantes á bolsa de emprego de operario/a de limpeza.
- Resolución de Alcaldía de aprobación definitiva dos admitidos e excluídos para a selección de aspirantes á bolsa de emprego de operario/a de limpeza.