• 988 26 00 00
  • Estrada de Celanova, 3, 32830 A Merca , Ourense.

Provisión en propiedade de cinco prazas, dúas de xestión administrativa e tres de oficios

Provisión en propiedade de cinco prazas, dúas de xestión administrativa e tres de oficios

1 Praza de especialidade profesional de administración xeral

1 Praza de xestión de medios informáticos – administrativos

1 Praza de Capataz de Obras

2 Prazas de Peón de Obras

Réxime: Laboral fixo

Sistema de selección: Concurso – Oposición Libre

As solicitudes para tomar parte na presente convocatoria dirixiranse ao Alcalde do Concello da Merca, de acordo co modelo do Anexo I das presentes bases. Coa solicitude deberase achegar:

·   Fotocopia cotexada do NIF, NIE ou, no seu caso, pasaporte.

· Xustificante do pago de dereito de exame segundo as bases da convocatoria.

·    Fotocopia cotexada da documentación á que fan referencia os apartados e) e e) da base 2ª, tendo en conta o establecido para o coñecemento da lingua galega.

·  A documentación achegada de méritos, debería presentarse en orixinais ou fotocopias validamente compulsadas e non se terán en conta aqueles que non queden debidamente acreditados.

·   Para os efectos de méritos profesionais deberá entregarse o informe de vida laboral xunto coa copia dos contratos.

Prazo e presentación de solicitudes:

O prazo de presentación de solicitudes, será de 20 días naturais a contar desde o día seguinte á publicación do anuncio no Boletín Oficial do Estado (data de publicación no BOE: 15/03/2021).

Os interesados en formar parte deste proceso selectivo, presentarán a súa instancia no modelo que aparece no Anexo I das presentes bases facendo constar que reúnen todos os requisitos sinalados nestas bases e dirixiranse ao Sr. Alcalde do Concello da Merca.

A presentación de solicitudes deberá efectuarse en días hábiles de luns a venres no Rexistro do Concello da Merca, en horario de 9.00 a 14.00 horas, ou en calquera das formas previstas no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas.  No caso de optar pola presentación noutro rexistro distinto ao do concello, é obrigatorio remitir, dentro do prazo de presentación de instancias, copia da solicitude vía correo electrónico: concello@amerca.gal.

Unha vez expirado o prazo de presentación de instancias, a Alcaldía ditará resolución no prazo máximo dun mes declarando aprobada a lista provisional de admitidos e excluídos. Estas listas provisionais, xunto coa designación nominal do tribunal, serán expostas, en todo caso, no taboleiro de anuncios da Corporación, publicadas no BOP e na páxina web do Concello www.amerca.gal concedéndose un prazo de dez días hábiles para os efectos de reclamacións e corrección de deficiencias. Se as houbese, serán aceptadas ou rexeitadas na resolución pola que se aprobe a lista definitiva, que se fará pública na mesma forma. Na mesma publicación (lista definitiva), farase constar o día, hora e lugar en que deberá constituírse o tribunal e no que deberá realizarse o exame previo de galego, e no caso de non proceder este exame para ningún dos aspirantes, o día, hora e lugar do primeiro exercicio de selección. En calquera dos casos, o chamamento para posteriores exercicios farase polo tribunal mediante a publicación no taboleiro de anuncios do concello e no taboleiro de anuncios da páxina web, con doce horas, polo menos de antelación ao comezo deste, se se trata do mesmo exercicio ou de vinte e catro horas se se trata dun novo .

Bases da convocatoria

Anexo I – Modelo de instancia en Galego

Anexo I – Modelo de instancia en Castellano

Presentación por sede electrónica

ANUNCIO LISTA PROVISIONAL Y TRIBUNAL (Publicado en B.O.P. de 28-4-2021) ESP

ANUNCIO LISTA PROVISIONAL Y TRIBUNAL_(Publicado en B.O.P. de 28-4-2021) GAL

ANUNCIO LISTA DEFINITIVA ASPIRANTES E DATA DAS PROBAS DE ACCESO (Publicado en B.O.P de 24-05-2021) GAL

ANUNCIO LISTA DEFINITIVA ASPIRANTES Y FECHA DE LAS PRUEBAS DE ACCESO (Publicado en B.O.P. de 24-05-2021) ESP

ANUNCIO RESULTADO PROBA LINGUA GALEGA (CAPATAZ E PEÓNS)

ANUNCIO RESULTADO BAREMACIÓN FASE CONCURSO (CAPATAZ)

ANUNCIO RESULTADO BAREMACIÓN FASE CONCURSO (PEÓN)

ANUNCIO BAREMACIÓN FASE CONCURSO (TECNICO DE ADMINISTRACIÓN XERAL)

ANUNCIO BAREMACIÓN FASE CONCURSO (SERVIZOS INFORMÁTICOS-ADMINISTRATIVOS)

ANUNCIO RESULTADO 1º EXAMEN E CONVOCATORIA DO 2º EXAMEN (TECNICO DE ADMINISTRACIÓN XERAL)

RECTIFICACIÓN DO ANUNCIO DO RESULTADO DE BAREMACIÓN FASE CONCURSO (CAPATAZ)

RECTIFICACIÓN DO ANUNCIO DO RESULTADO DE BAREMACIÓN FASE CONCURSO (PEÓN)

RECTIFICACIÓN DO ANUNCIO DO RESULTADO DE BAREMACIÓN FASE CONCURSO (TÉCNICO DA ADMINISTRACIÓN XERAL)

ANUNCIO RESULTADO 1º EXAME E CONVOCATORIA DO 2º EXAME (SERVIZOS INFORMÁTICOS-ADMINISTRATIVOS)

ANUNCIO RESULTADO 2º EXAME E CONVOCATORIA DO 3º EXAME (SERVIZOS INFORMÁTICOS-ADMINISTRATIVOS)

ANUNCIO RESULTADO 3º EXAME E VALORACIÓN FINAL (SERVIZOS INFORMÁTICOS-ADMINISTRATIVOS)

ANUNCIO RESULTADO 1º EXAME E CONVOCATORIA DO 2º EXAME (CAPATAZ)

ANUNCIO RESULTADO 1º EXAME E CONVOCATORIA DO 2º EXAME (PEÓN)

ANUNCIO RESULTADO 2º EXAME E CONVOCATORIA DO 3º EXAME (TÉCNICO DA ADMINISTRACIÓN XERAL)

ANUNCIO RESULTADO 3º EXAME E VALORACIÓN FINAL (TÉCNICO DA ADMINISTRACIÓN XERAL)

ANUNCIO RESULTADO 2º EXAME E VALORACIÓN FINAL (CAPATAZ)

ANUNCIO RESULTADO 2º EXAME E VALORACIÓN FINAL (PEÓN)

Comentarios

3 Comentarios Recentes

  • Juan blanco casas

    Cando salen las listas definitivas, ya que aún continúan las provisionales

    • amerca

      As listas definitiva saldrán despois de que rematado o prazo de reclamación contra as listas provisionais e unha vez se estuden as mesmas. Dito prazo remata o día 13 de Maio de 2021.

      • Juan blanco casas

        Gracias

Leave a Reply to amerca Cancel Reply

*

Calendar

<< Abr 2021 >>
LMMXVSD
29 30 31 1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 1 2