Provisión en propiedade de cinco prazas, dúas de xestión administrativa e tres de oficios
1 Praza de especialidade profesional de administración xeral
1 Praza de xestión de medios informáticos – administrativos
1 Praza de Capataz de Obras
2 Prazas de Peón de Obras
Réxime: Laboral fixo
Sistema de selección: Concurso – Oposición Libre
As solicitudes para tomar parte na presente convocatoria dirixiranse ao Alcalde do Concello da Merca, de acordo co modelo do Anexo I das presentes bases. Coa solicitude deberase achegar:
· Fotocopia cotexada do NIF, NIE ou, no seu caso, pasaporte.
· Xustificante do pago de dereito de exame segundo as bases da convocatoria.
· Fotocopia cotexada da documentación á que fan referencia os apartados e) e e) da base 2ª, tendo en conta o establecido para o coñecemento da lingua galega.
· A documentación achegada de méritos, debería presentarse en orixinais ou fotocopias validamente compulsadas e non se terán en conta aqueles que non queden debidamente acreditados.
· Para os efectos de méritos profesionais deberá entregarse o informe de vida laboral xunto coa copia dos contratos.
Prazo e presentación de solicitudes:
O prazo de presentación de solicitudes, será de 20 días naturais a contar desde o día seguinte á publicación do anuncio no Boletín Oficial do Estado (data de publicación no BOE: 15/03/2021).
Os interesados en formar parte deste proceso selectivo, presentarán a súa instancia no modelo que aparece no Anexo I das presentes bases facendo constar que reúnen todos os requisitos sinalados nestas bases e dirixiranse ao Sr. Alcalde do Concello da Merca.
A presentación de solicitudes deberá efectuarse en días hábiles de luns a venres no Rexistro do Concello da Merca, en horario de 9.00 a 14.00 horas, ou en calquera das formas previstas no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas. No caso de optar pola presentación noutro rexistro distinto ao do concello, é obrigatorio remitir, dentro do prazo de presentación de instancias, copia da solicitude vía correo electrónico: concello@amerca.gal.
Unha vez expirado o prazo de presentación de instancias, a Alcaldía ditará resolución no prazo máximo dun mes declarando aprobada a lista provisional de admitidos e excluídos. Estas listas provisionais, xunto coa designación nominal do tribunal, serán expostas, en todo caso, no taboleiro de anuncios da Corporación, publicadas no BOP e na páxina web do Concello www.amerca.gal concedéndose un prazo de dez días hábiles para os efectos de reclamacións e corrección de deficiencias. Se as houbese, serán aceptadas ou rexeitadas na resolución pola que se aprobe a lista definitiva, que se fará pública na mesma forma. Na mesma publicación (lista definitiva), farase constar o día, hora e lugar en que deberá constituírse o tribunal e no que deberá realizarse o exame previo de galego, e no caso de non proceder este exame para ningún dos aspirantes, o día, hora e lugar do primeiro exercicio de selección. En calquera dos casos, o chamamento para posteriores exercicios farase polo tribunal mediante a publicación no taboleiro de anuncios do concello e no taboleiro de anuncios da páxina web, con doce horas, polo menos de antelación ao comezo deste, se se trata do mesmo exercicio ou de vinte e catro horas se se trata dun novo .
Anexo I – Modelo de instancia en Galego