Servizo de cita previa para atención á veciñanza
Vista a preocupante situación sanitaria á que nos estamos enfrontando con respecto ao COVID-19, e seguindo as recomendacións da Xunta de Galicia, comunicamos que como Administración ao servizo do cidadán, poñemos á súa disposición un servizo de cita previa a través da sede electrónica do Concello da Merca, para poder prestar atención presencialmente, mediante videoconferencia ou a través de vía telefónica co obxecto de evitar esperas na rúa ou coincidencia con outras persoas á hora de acceder ás dependencias municipais así como risco de posibles contaxios.
Solicitamos polo tanto, o entendemento e a colaboración de toda a veciñanza, agradecendo o comportamento mostrado pola maioría dos cidadáns deste municipio noutras situacións similares provocadas pola pandemia do COVID-19.
SOLICITUDE DE CITA PREVIA:
- Enlace para poder acceder a esta cita previa con teléfono ou ordenador:
https://amerca.sedelectronica.gal/citaprevia.1
- Teléfono do Concello: 988 260 000.