• 988 26 00 00
  • Estrada de Celanova, 3, 32830 A Merca , Ourense.

Selección e contratación de traballadores

Selección e contratación de traballadores

Selección e contratación laboral dun traballador desempregado coa categoría de oficial de 1ª de albanelería e outros tres traballadores coa categoría de peóns forestais

1 Oficial de 1ª de Albanelería

3 Peóns Forestais

Modalidade de contratación: Contrato laboral a xornada completa.

Duración: 6 meses.

Sistema de selección: Fase de concurso e oposición.

As solicitudes para tomar parte na presente convocatoria dirixiranse ao Alcalde do Concello da Merca, de acordo co modelo do Anexo I das presentes bases. Coa solicitude deberase achegar:

·   Fotocopia compulsada do DNI ou documento equivalente, os aspirantes estranxeiros deberán presentar o documento que acredite que é nacional da Unión Europea. Os estranxeiros deberán acreditar que están residindo legalmente en España, esta documentación deberá estar compulsada.

·   Declaración xurada manifestando que reúnen todos e cada un dos requisitos xerais esixidos na convocatoria (inclúese no modelo de instancia).

·     Tarxeta de demandante de emprego ou certificación, de ser o caso, expedida polo Servizo Público de Emprego na que se acredite que é demandante de emprego e o tempo que leva nesta situación.

·    A documentación achegada de méritos, debería presentarse en orixinais ou fotocopias validamente compulsadas e non se terán en conta aqueles que non queden debidamente acreditados.

·   A experiencia en postos similares, acreditarase mediante certificado de vida laboral, orixinal (ou fotocopia compulsada) expedida pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social, na que conste expresamente os períodos de alta e baixa no sistema e os grupos de cotización ou copia dos contratos de traballo. Os servizos prestados na Administración Pública poderán ademais acreditarse mediante certificación expedida polo órgano competente.

Prazo e presentación de solicitudes:

O prazo de presentación de solicitudes, será de 5 días hábiles a contar desde o día seguinte á publicación deste anuncio no BOP de Ourense (data de publicación no BOP: 11/05/2020).

Os interesados en formar parte deste proceso selectivo, presentarán a súa instancia no modelo que aparece no Anexo I das presentes bases facendo constar que reúnen todos os requisitos sinalados nestas bases e dirixiranse ao Sr. Alcalde do Concello da Merca.

A presentación de solicitudes deberá efectuarse en días hábiles de luns a venres no Rexistro do Concello da Merca, en horario de 9.00 a 13.00 horas, ou en calquera das formas previstas no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas.  Se o día en que finalice o prazo de presentación de instancias fora sábado ou día inhábil o prazo finalizará o primeiro día hábil seguinte.

Os sucesivos anuncios en relación con este proceso publicaranse no taboleiro de anuncios do Concello da Merca e na súa sede electrónica https://amerca.sedelectronica.gal.

Bases de convocatoria

Anexo I – Modelo de instancia

Presentación por sede electrónica

Rectificación de erros en relación ao número de traballadores para contratación

Resolución Alcaldía do nomeamento do tribunal e Listado de Admitidos e Excluídos

Resolución Alcaldía da convocatoria para inicio da fase de oposición de Oficial de 1ª de Albanelería

Resolución Alcaldía da convocatoria para inicio da fase de oposición de Peóns Forestais

Acta do Tribunal valoración Oficial de 1ª de Albanelería

Acta do Tribunal valoración Peóns Forestais

Resolución de Alcaldía – Oficial de 1ª de Albanelería

Resolución de Alcaldía – Peóns Forestais

Leave a Reply

*

Calendar

<< Nov 2022 >>
LMMXVSD
31 1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 1 2 3 4