• 988 26 00 00
  • Estrada de Celanova, 3, 32830 A Merca , Ourense.

BANDO EN RELACIÓN Á REGULACIÓN DAS ACTIVIDADES AGRARIAS

BANDO EN RELACIÓN Á REGULACIÓN DAS ACTIVIDADES AGRARIAS

Ponse en coñecemento de toda a poboación, que en relación co cumprimento das medidas previstas no Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma, e que foi modificado polo Real decreto 465/2020, do 17 de marzo, publicouse no Diario Oficial de Galicia de data 24 de marzo de 2020 a regulación da realización de actividades agrarias:

As persoas agricultoras e viticultoras profesionais e os seus traballadores poderán efectuar os desprazamentos para a realización dos traballos necesarios de atención e mantemento dos cultivos e das viñas.

Para os efectos desta disposición, terá a consideración de agricultor/a profesional, ben sexa a tempo completo ou parcial, quen estea de alta no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (Reaga). Para a acreditación do carácter de agricultor/a, que xustifique a realización deses desprazamentos, é suficiente coa inscrición da explotación no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (Reaga). Nese sentido, os axentes da autoridade poderán dirixirse ao dito rexistro para efectuar calquera comprobación que consideren oportuna.

No caso das persoas viticultoras profesionais, poderán acreditalo tamén co carné de aplicador/manipulador de produtos fitosanitarios ou coa tarxeta de rexistrado dispensada polo consello regulador da denominación de orixe cando se dan de alta nos rexistros.

Respecto das persoas que teñan cultivos ou viñas considerados de autoconsumo, é dicir, con fins non comerciais e, polo tanto, non desenvolvan unha actividade profesional agraria, poderán realizar os desprazamentos mínimos e imprescindibles para o mantemento e atención dos ditos cultivos e viñas, sen que o desprazamento poida supoñer unha distancia superior a 500 metros da súa vivenda habitual. En ningún caso poderá haber máis de dúas persoas na leira, as cales deberán respectar en todo momento as distancias de seguridade e demais protocolos de prevención establecidos pola autoridade sanitaria.

En relación coa acreditación da necesidade de desprazamento, nas actividades agrarias consideradas de autoconsumo poderá realizarse coa presentación do carné de aplicador/manipulador de produtos fitosanitarios. No caso das persoas viticultoras, poderán acreditalo co carné de aplicador/manipulador de produtos fitosanitarios ou coa tarxeta de rexistrado dispensada polo consello regulador da denominación de orixe cando se dan de alta nos rexistros.

Leave a Reply

*

Calendar

<< Xuñ 2022 >>
LMMXVSD
30 31 1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 1 2 3