BANDO POLO CORONAVIRUS (COVID-19)
Ponse en coñecemento de toda a poboación do Concello da Merca que, ante a crise sanitaria provocada polo virus COVID-19 (Coronavirus) e en cumprimento das medidas anunciadas polo Presidente da Xunta de Galicia en Rolda de Prensa na mañá do 12 de marzo de 2020, por un período inicial de 15 días, dende o día 16 ata o 30 de marzo de 2020 e que poderán ser ampliadas ou reducidas en función das directrices que establezan as autoridades sanitarias competentes:
– Suspensión a partir de hoxe venres, 13 de marzo de 2020 de tódalas actividades deportivas, culturais, de lecer e de servizos sociais de natureza municipal, así como peche das seguintes instalacións municipais:
- Parques infantís, Parques biosaudables
- Biblioteca municipal
- Instlaacións deportivas municipais
- Eventos socioculturais e deportivos
- Locais sociais utilizados polas Asociación de Veciños
– A atención ao público nas dependencias municipais limitaranse exclusivamente a casos de extrema urxencia e imperiosa necesidade, polo que se insta á veciñanza a que os trámites que se teñan que realizar sexan por vía telemática na sede electrónica do Concello: https://amerca.sedelectronica.gal/info.0 ou ben telefónica, no teléfono 988 260 000. Non obstante, existirá un buzón na porta do Concello para atender as instancias que calquera solicitante poida facer chegar en papel.
– Recoméndase que, de non ter acceso a xel alcohólico para a limpeza das mans, lave as mans cunha solución diluída de aproximadamente 1L de auga con 10 ml de lixivia.
– Recoméndase non realizar visitas nin a residencias de maiores, nin hospitais, a excepción de casos de extrema necesidade.
– É conveniente evitar viaxes e desprazamentos que non se consideren imprescindibles.
– Aconséllase que se sigan as instrucións ditadas polo Ministerio de Sanidade e a Consellería de Sanidade, en caso de ter algún síntoma contactar co 061 ou co teléfono de información para a cidadanía 900 400 116.
– Recoméndanse que se evite a propagación de “bulos” ou informacións non contrastadas por redes sociais.
– Aconséllase ás asociacións e entidades do municipio que suspendan os seus actos públicos e sociais durante os vindeiros 15 días.