• 988 26 00 00
  • Estrada de Celanova, 3, 32830 A Merca , Ourense.

SUBVENCIÓNS PARA ASOCIACIÓNS VECIÑAIS, CULTURAIS, DEPORTIVAS E AXUDAS TRANSPORTE PARA ESTUDANTES

SUBVENCIÓNS PARA ASOCIACIÓNS VECIÑAIS, CULTURAIS, DEPORTIVAS E AXUDAS TRANSPORTE PARA ESTUDANTES

Convócanse subvencións municipais a Asociacións Veciñais, Culturais e Deportivas para o exercicio 2019 e Bolsa de Transporte para Estudantes, polo procedemento de concorrencia competitiva.

Primeiro. Beneficiarios.

Poderán solicitar esta subvención:

  • Asociacións Veciñais, Culturais e Deportivas sen ánimo de lucro legalmente constituídas, con sede en A Merca, e que desenvolvan as súas actividades principalmente no Municipio.
  • Estudantes residentes no municipio

Segundo. Obxecto

A subvención ten por finalidade promoción da participación e do asociacionismo veciñal mediante o apoio económico aos gastos desembolsados pola entidade desde o 1 de Xaneiro de 2019 até o 31 de Decembro de 2019, para as asociacións veciñais, culturais e deportivas e ofrecerlle aos alumnos residentes no municipio un apoio para liquidar o transporte da súa casa á institución educativa e impulsar aos mozos a continuar os seus estudos brindándolles axuda económica que minore en gran maneira os seus gastos de transporte e só para aquel alumnado que non dispón de liñas de transporte escolar colectivo.

Terceiro. Bases reguladoras

As bases reguladoras da concesión foron aprobadas Sesión Ordinaria celebrada pola Xunta de Goberno Local de data 6 de Xullo de 2018 e publicadas no taboleiro de edictos do Concello

Cuarto. Contía da axuda.

Os créditos orzamentarios aos que se imputa a subvención e contía total máxima das subvencións convocadas: O crédito orzamentario total asignado á presente convocatoria ascende a 14.000,00 €, con cargo ás seguintes aplicacións orzamentarias que se distribúe en tres liñas de promoción social:

  • 25326 Bolsas transporte 1.000,00 €
  • 3374801 cursos e actividades Asociacións veciñais 5.000,00 €
  • 341480 Asociacións e actividades deportivas 8.000,00 €
  • A cantidade a percibir por curso é de 450.00 €

As asociacións poderán presentar un único proxecto en cada liña establecida. Para poder obter subvención nas liñas de cursos de formación débese obter tamén subvención na liña de asociacións debendo para iso presentar un proxecto de actividades da asociación para o ano Concello de A Merca

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes.

As solicitudes formularanse de acordo ao contido nas bases de convocatoria. Dirixiranse ao Sr. Alcalde-Presidente do Concello, e presentaranse no Rexistro de entrada do Concello ou por calquera dos medios sinalados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Publicas, no prazo de un mes a partir do día seguinte a data de publicación deste extracto de convocatoria no Taboleiro de Edictos e na páxina web do Concello.

Sexto. Outros datos.

Deberán acompañarse á solicitude os documentos seguintes

1.- Asociacións Veciñais, Culturais e Deportivas:

  • Síntese do proxecto de actividades para o que se solicita subvención –
  • Memoria descritiva do proxecto a subvencionar (máximo 4 folios en fonte arial 11, interlineado 1,5)
  • Certificados de estar ao corrente coas obrigacións da Axencia Tributaria estatal e Autonómica e da Seguridade Social. A presentación da solicitude levará a autorización ao Concello da Merca para solicitar estes certificados de acordo co disposto no artigo 23.3 da Lei Xeral de Subvencións.

2.Bolsas de transporte:

  • Escrito de solicitude de bolsa, correcta e verazmente, indicando lugar de residencia, nome e apelidos dos pais e dos demais membros da unidade familiar, acompañando os demais documentos esixidos nesta convocatoria.
  • Copia de declaración da renda do ano 2018,
  • Xustificante de estar matriculado no curso 2018-2019 nunha Institución de Educación oficial, Secundaria FP ou Universitaria
  • Declaración de non estar a recibir ningunha outra axuda ou subvención para o mesmo fin outorgada por algunha institución pública
  • Xustificante de ser alumno/a regular (superar todas as materias do curso)
  • Si é o caso, xustificante matriculado en academias de preparación de oposicións, para o que deberá presentar resgardo de matricula, e informe da dirección do centro sobre asistencia diaria, mensual e rendemento e no seu caso si presentouse a oposición no ultimo ano e a súa cualificación

BASES DE CONVOCATORIA

EXTRACTO DE CONVOCATORIA

Leave a Reply

*

Calendar

<< Xuñ 2022 >>
LMMXVSD
30 31 1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 1 2 3