• 988 26 00 00
  • Estrada de Celanova, 3, 32830 A Merca , Ourense.

Servizo municipal de Comedor a Domicilio

Servizo municipal de Comedor a Domicilio

Comida_domicilio_2O Concello de A Merca, ten en funcionamento o “Servizo Municipal de Comedor a Domicilio”.

As axudas para comedor son axudas económicas, destinadas a paliar aquelas situacións en que poidan acharse as persoas afectadas, integradas nunha unidade de convivencia, no seu caso, por un estado de necesidade, con recursos insuficientes para facer fronte a gastos específicos, ou que tendo recursos ten limitada a súa mobilidade ou por razóns físicas é necesario paliar situacións de marxinación ou illamento social.

Poderán solicitar a  prestación do servizo, os empadroados no Concello da Merca maiores de 65 anos, ou ben, menores que ostenten a condición de xubilados ou asimilados, ou teñan minusvalías superiores ao 33%.

O custo de cada comida sitúase en 6 euros día, que serán sufragados en copago entre Usuario e Concello en función do custo, en tanto por cen, con base na pensión non contributiva (PNC) e a pensión mínima media do municipio (606-630 euros) de acordo aos ingresos reflectidos na seguinte táboa:

Ingresos do usuario

Copago diario do usuario

Importe

Ingresos menores ou iguais á PNC

Un 30 % do custo da comida

1,80€

Ingresos entre desde PNC até 551,25€

Un 40% do custo da comida

2,40€

Ingresos entre 551,26 a 624,75 €

Un 55% do custo da comida

3,30€

Ingresos entre 624,76 a 735€

Un 65% do custo da comida

3,90€

Ingresos entre 735.00 e 955,00 €

Un 80% do custo da comida

4,80€

Ingresos entre 956.00 e 1,200,00 €/mes

Un 95% do custo da comida

5,70€

Ingresos superiores a 1.201,00 €/mes

Un 100% do custo da comida

6,00€

Tódolos interesados, poderán informarse na oficina de Servizos Sociais do Concello (Martes e Venres de 9:00 a 14:30 h.) e proceder a solicitude do servizo no Rexistro Xeral do Concello.

Leave a Reply

*

Calendar

<< Out 2024 >>
LMMXVSD
30 1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31 1 2 3