• 988 26 00 00
  • Estrada de Celanova, 3, 32830 A Merca , Ourense.

SERVIZO DE COMUNICACIÓN DE INCIDENCIAS LIÑA VERDE

SERVIZO DE COMUNICACIÓN DE INCIDENCIAS LIÑA VERDE

O  CONCELLO DE A MERCA IMPLANTA UN NOVO SERVIZO DE  COMUNICACIÓN DE INCIDENCIAS A TRAVÉS DUNHA APP MÓBIL

Grazas a esta iniciativa, os veciños do municipio poden beneficiarse das vantaxes que ofrece Liña Verde. Este servizo serve  como canle directa de comunicación dos danos que se detecten no equipamento urbano do municipio.

 

O Concello de A Merca únese aos máis de 400 municipios que a nivel nacional  dispoñen do servizo Liña Verde. A través desta canle de comunicación directo, os veciños poden pór en coñecemento do Consistorio aqueles danos que detecten na súa localidade. Grazas a esta ferramenta de participación cidadá, o Concello pretende coñecer as necesidades do municipio e así, poder dar solución ás cuestións comunicadas.

Para poder utilizar este novo  servizo é necesario proceder á descarga da APP Liña Verde. Para iso, o usuario accede a “Google  Play” ou “APP Store” en función da tecnoloxía empregada na súa Smartphone (Android/iOS).  Unha vez localizada, leva a cabo a descarga de forma gratuíta. A partir dese momento, o usuario selecciona o municipio sobre o que quere comunicar a incidencia. O procedemento é moi rápido e  sinxelo.

Para comunicar unha incidencia, chega con picar sobre o botón “Nova Incidencia”. Un desplegable coas diferentes tipoloxías de incidencias aparece en pantalla.  O usuario selecciona aquela sobre a que quere comunicar. De forma automática, a APP detecta as coordenadas exactas nas que se sitúa o dano. O seguinte paso é achegar unha foto da incidencia e observación sobre a mesma. Xa só queda dar ao botón de enviar. Unha vez enviada, persoal do Concello recibe notificación do dano comunicado. A partir deste momento, inícianse os trámites para dar solución á incidencia detectada. O cidadán  á súa vez, recibe notificación no seu teléfono móbil sempre que se produza un cambio no estado da mesma.

Ao servizo Liña Verde tamén se pode acceder a través do domino www.lineaverdeamerca.gal.

O Concello da Merca anima aos veciños da súa localidade a utilizar o servizo Liña Verde.  A través da implantación deste servizo e grazas a unha  importante participación cidadá, pretende lograr un municipio que cumpra coas  expectativas de benestar social dos seus veciños.

Pode consultar os dípticos informativos aquí.

 

Comentarios

2 Comentarios Recentes

  • Pingback : A Merca únese á comunidade de concellos coa aplicación cidadá de Liña Verde | Código.gal

  • Androidena

    Este veran, o Concello da Merca sumouse a comunidade de municipios (formada por mais de 400 concellos a nivel estatal) adheridos a plataforma estatal Lina Verde, o servizo de comunicacion de incidencias a traves dos mobiles. Segundo informan fontes do Concello ourensan, a traves desta canle de comunicacion directa, os vecinos poden por en conecemento do Consistorio aqueles danos que detecten. O obxectivo do Concello ao por en marcha esta iniciativa de participacion cidada polo vieiro dixital, e “conecer as necesidades do municipio e dar solucion as cuestions comunicadas”. O servizo esta disponibel en http://www.lineaverdeamerca.gal. Para poder utilizar a ferramenta, os residentes de A Merca so teran que descargar nos seus dispositivos a aplicacion mobil Lina Verde, disponibel tanto para mobiles con Android como para trebellos iOS. Logo da descarga, que e de balde, o usuario debera seleccionar o municipio sobre o que quere comunicar a incidencia. O Concello da Merca lembra que “o procedemento e moi rapido e sinxelo. Para comunicar unha incidencia, chega con picar sobre o boton

Leave a Reply

*

Calendar

<< Ago 2022 >>
LMMXVSD
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 31 1 2 3 4