Homenaxe a D. Luis González Seara
O Concello de A Merca, rendiu homenaxe a D. Luís González Seara (Periodista, Sociólogo , Catedrático e Ministro de Universidades e Investigación, no goberno de Adolfo Suárez 1979-1981), oriúndo da Parroquia de San Pedro de A Mezquita deste municipio, coincidindo co segundo aniversario do seu falecemento.
O acto consistiu na colocación dunha placa conmemorativa na casa familiar do homenaxeado, sita en Loureiro de A Mezquita (A Merca), o día 20 de Abril de 2018.