• 988 26 00 00
  • Estrada de Celanova, 3, 32830 A Merca , Ourense.

PREVENCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS

PREVENCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS

INFORMACIÓN PARA PREVENCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS

Segundo consta na Lei 3/2007 de 9 de Abril de 2007, de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais en Galicia, reformada pola Lei 9/2017 de Medidas fiscais e Administrativas de Galicia, É OBRIGA AOS SEUS TITULARES A:

  • Limpar de biomasa unha franxa de 50 metros desde o límite do solo urbano, do núcleo rural e do solo urbanizable, desde a parte exterior das edificacións e das vivendas illadas, urbanizacións, depósitos de lixo, cámpings, gasolineiras e parques e instalacións industriais, así como construcións illadas en solo rústico, consonte o previsto nos criterios para a limpeza definidos nesta lei e na súa normativa de desenvolvemento. Nesta franxa tampouco poderá haber piñeiro galego, piñeiro silvestre, piñeiro de Monterrei, piñeiro de Oregón, mimosa, acacia negra, eucalipto, brecina, carqueixa, xesta, queiruga, fento, silva e toxo.
  • Dentro da franxa de 50 metros descrita no punto anterior, manter limpa unha franxa de 15 metros para especies frondosas caducifolias (ameneiro, pradairo, bidueiro, freixo, freixa, castiñeiro, castiñeiro híbrido, cerdeira, carballo, cerquiño, sobreira, carballo albar, aciñeira, abeleira, faia, umeiro, loureiro, sorbeira do monte, capudre, nogueira e érbedo).
  • Enténdese como titulares as persoas propietarias, arrendatarias, usufructuarias ou persoas titulares de calquera outro dereito real ou persoal sobre os terreos forestais e os terreos situados nas zonas de influencia forestal.
  • Advírtese que non manter os terreos limpos, será obxecto de execución subsidiaria por parte do Concello, sen prexuízo de sanción por parte da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia.

Dende a Alcaldía solicítase dos veciños do Municipio, a  máxima colaboración para evitar riscos de incendios nas distintas poboacións do Concello.

Prégase aos veciños que limpen de maleza  as súas fincas, en especial aquelas que rodean ou están situadas nos distintos pobos e que presentan perigo, así como os frontes das súas propiedades  ao redor dos núcleos de poboación (camiños, airas, etc).

É labor de todos, defender o noso patrimonio forestal e as nosas propiedades; así pois, solicítase a máxima colaboración cidadán.

Xestión_biomasa

Leave a Reply

*

Calendar

<< Xul 2018 >>
LMMXVSD
25 26 27 28 29 30 1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30 31 1 2 3 4 5