• 988 26 00 00
  • Estrada de Celanova, 3, 32830 A Merca , Ourense.

Implantación de administración electrónica

Implantación de administración electrónica

O equipo administrativo e o equipo de goberno xa empezaron a traballar coa plataforma de xestión de expedientes

O Concello da Merca implanta con éxito a administración electrónica.

Grazas a esta ferramenta os veciños da Merca poderán realizar trámites e solicitudes as 24 horas do día os 365 días do ano.

A plataforma elexida polo Concello “Gestiona de espúblico” integra nun mesmo produto un xestor de expedientes, un rexistro de documentos e un módulo de firma electrónica.

Fixeron falta poucos días para que a traballadores municipais adaptasen o seu método de traballo á nova ferramenta informática, converténdose nunha administración que tramita todo electrónicamente.

O novo modelo supón un cambio profundo na organización interna. A través dun sistema online, a ferramenta permite conservar todos os documentos ordenados, asinados e dixitalizados na nube. Deste xeito, permitirá reducir o tempo de tramitación dos expedientes municipais e facilitar a conexión entre os distintos departamentos do Concello.

A implantación da ferramenta traerá consigo o uso xeneralizado da firma electrónica, xa sexa desde o computador ou desde o móbil.

A plataforma incorpora, ademais, un módulo de sede electrónica desde o cal os cidadáns poden realizar trámites sen necesidade de desprazarse fisicamente até o Concello: http://amerca.sedelectronica.gal/

O sistema só require ao cidadán que se identifique cun certificado electrónico para poder levar a cabo trámites, consultar o estado dos expedientes que teña abertos no Concello, ou recibir as notificacións que se poñan á súa disposición na sede electrónica.

O Concello de A Merca, xa contaba dende o mes de Xullo de 2016, cunha pasarela para facilitar o pago de Liquidacións e Autoliquidacións de taxas e impostos municipais, dende a súa páxina web: http://www.amerca.gal/pasarela/

Leave a Reply

*

Calendar

<< Xan 2020 >>
LMMXVSD
30 31 1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31 1 2