USO RESPONSABLE DA AUGA NO VERÁN
O CONCELLO RECORDA AOS CIDADÁNS SOBRE O USO RESPONSABLE DA AUGA EN VERÁN:
Coa chegada do verán, o Alcalde de A Merca emitiu un Bando Municipal recordando aos cidadáns sobre o uso responsable da auga potable que consumimos, e que utilicen xuiciosamente os servizos de abastecemento de auga público, que como se sabe, teñen que ser destinados ao uso común, dada a súa escaseza e maior demanda que en outras épocas do ano.
O Bando da Alcaldía recomenda a todos os veciños/as do termo municipal, e tamén aos veraneantes e visitantes, que poñan máximo coidado no emprego da auga, e non a destinen ao enchido de piscinas e rego de xardíns.