CONVOCATORIA SUBVENCION ASOCIACIÓNS VECIÑAIS, CULTURAIS E DEPORTIVAS
Mediante Resolución da Alcaldía con data 30 de xuño de 2016, do Concello de A Merca, convócase a concesión de subvencións para asociacións de veciños, culturais e deportivas de A Merca, consistentes en axudas económicas para mantemento de servizos veciñais, desenvolvemento de actividades, cursos, etc.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días contados desde o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Ourense (descargar BOP, data de publicación 05/07/2016). Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse no taboleiro de edictos do Concello.
Anexo I (Modelo de solicitude)