CONTRATACION PERSOAL INCENDIOS FORESTAIS (PREVENCIÓN E DEFENSA)
COTRATACIÓN PERSOAL TEMPORAL A TEMPO COMPLETO PARA PARTICIPACIÓN NA PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS
Mediante Resolución da Alcaldía con data 29 de xuño de 2016, do Concello de A Merca, convócase 1 praza de capataz de incendios forestais, 1 praza de peón-conductor de incendios forestais e 3 praza de peóns forestais, en réxime laboral temporal polo sistema de concurso.
O prazo de presentación de solicitudes será de sete días naturais contados desde o día seguinte á publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia (descargar BOP, data publicación 05/07/2016). Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse no taboleiro de edictos do Concello. A duración do contrato será de tres meses, en réxime de persoal laboral temporal, de luns a domingo, e cunha retribución bruta de 942,86 € ao mes para o capataz e 771,43 € ao mes para o peón-conductor e peóns forestais.
Anexo I (Modelo de solicitude)
Anexo II (Declaración de non incompatibilidade)